FANDOM


MainHeader
Benvidos!

Chegaches a FANDOM Developers Wiki — pero non dubides en poder chamarnos Dev Wiki!

Somos o principal destino de FANDOM para as persoas que buscan profundar na codificación. Xa sexa que esteas interesado en explorar o noso repositorio de código ou atopes unha nova característica para o teu wiki, probablemente atopases unha ou dúas páxinas que quererás ler. E hai moitos usuarios informados que están dispostos a botarche unha man.

Así que tómache uns minutos para mirar a nosa páxina principal. Cremos que atoparás algo aquí que che axudará a facer a túa parte de FANDOM un pouco máis túa, só un pouco “máis fresca”.

Indo máis aló de Javascript

Poderías pensar que Dev Wiki é só un lugar onde se almacenan fragmentos de Javascript para que todos os wikis en FANDOM poidan usalos.

Pero facemos moito máis que iso.

Proporcionamos revisión de código útil aos nosos colaboradores de Dev Wiki (Non nos gustan os erros máis que a ti!). Ofrecemos servizos de tradución para o código que atoparás aquí. Nós lanzaremos no futuro novas formas de ver problemas de grandes codificacións. E proporcionamos un campo de adestramento útil para moitos dos voluntarios que se converten en membros do noso Programa de Desenvolvemento Voluntario.

Se estás interesado en como funciona FANDOM interiormente, salta directamente e empeza a editar, mesmo se só quixeres facernos preguntas!

Cousas que nos gustan
Aínda que facemos moitas cousas por aquí, probablemente hai tres cosas en particular que os usuarios de FANDOM asocian máis a miúdo con Dev Wiki.
Javascript
Se quixeres solicitar unha función JS, ou estás a buscar unha existente para engadir ó teu wiki, proporcionarémoscho.
CSS
Como facer unha páxina con CSS? Témolo cuberto.
Melloras para o chat
Os nosos usuarios crearon unha gran cantidade de scripts para a función de chat aquí en FANDOM.


Cousas para lembrar
Tes que ter un par de puntos en mente cando esteas a codificar aquí en FANDOM.
Alcance
Tanto CSS como JS poden ser persoais ou en todo o sitio. O código persoal afecta só á túa conta. O código de todo o sitio aplícase a todo un wiki, de modo que todos os visitantes verán o seu efecto. Baixo a política de personalización de FANDOM, non todo o código está permitido en todo o sitio, no entanto ti podes facer o que quixeres co código persoal.
Documentos de MediaWiki
Sabías que o software base MediaWiki en realidade ten documentación? Non te avergoñes se non o sabías! Le a introdución en MediaWiki.org!